Sale!

GALAICOS (Gallego)-Envío rápido

Original price was: €22.80.Current price is: €6.84.

SKU: 9788416460496 Category:

Description

O noroeste da península ibérica é unha das zonas de España con maior densidade de xacementos arqueolóxicos. Esta guía, coeditada por Alvarellos Editora e a Deputación de Pontevedra, mostra 2.000 anos de historia de Galicia ?dende a Idade de Bronce ata o primeiro cristianismo? a través de vinte emblemáticos xacementos, ubicados na provincia de Pontevedra. «Galaicos, un pobo entre dous mundos» ofrece un amplo e atractivo despregue gráfico, que inclúe 160 impactantes fotografías e ilustracións, con textos e fichas elaboradas polas arqueólogas e arqueólogos que traballaron nas escavacións: Rafael Rodríguez, Antoni Nicolau, Xurxo Ayán, Diego Piay e Mª Luisa Castro. Eles levarannos a coñecer, de primeira man e de xeito didáctico, a enorme riqueza deste patrimonio cultural único. A guía inclúe un percorrido polos xacementos de A Cabeciña, Penalba, Santa Trega, A Lanzada, Monte do Facho, Monte do Castro, Alobre, Castrolandín ou Adro Vello, entre moitos outros. Apórtanse os resultados das máis recentes investigacións, que sitúan a Galicia, na prehistoria, coma ponte entre o Atlántico e o Mediterráneo, e perspectivas aéreas nunca antes vistas, obtidas por medio de drons.

Reviews

There are no reviews yet.

Be the first to review “GALAICOS (Gallego)-Envío rápido”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *